Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza por terceiro ano consecutivo catro talleres para a busca activa de emprego


# Venres, 08/11/2013
Esther Muñóz explicou que se celebran entre os dias 25 e 29 de novembro e a participación será por rigurosa orde de inscrición que se poderá facer entre os días 11 e 20

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou esta maña catro talleres de busca activa de emprego que se van celebrar nas instalacións do Espazo>Lab entre os días 25 e 28 de novembro.

Segundo explicou Esther Muñóz, estes talleres gratuitos están enmarcados na terceira edición da III Semana Europea polo Emprego que organiza o Centro de Información Europea Europe Direct-Lugo, e que veñen desenvolvendose dende o ano 2011 con gran éxito de participación. “Están dirixidos a persoas en situación de desemprego e plantexámolo como unha ferramenta para que as persoas nesta situación poidan acometer a busca de traballo en mellores condicións” indicou Muñóz.

Os talleres serán o día 25 de novembro en horario de 09.30 a 13,30 horas baixo o título Marca persoa e busca activa de emprego nos medios sociais. A rede Eures, o portal de emprego de Europa e que conta con 75 prazas.  O día 26, entre as 10 e as 12.20 horas, un técnico especialista explicará cales son  As regras de ouro para preparar un curriculum vitae atractivo, no que haberá 25 prazas.

O mércores 27 de novembro ás 10.00 horas comezará o taller sobre Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo  que rematará ás 12:30 horas e, finalmente, o xoves 28 entre as 10 e as 12.30 horas levarase a cabo o taller Perder o medo ás probas de selección con probas prácticas.
 
O prazo de inscrición para participar nos talleres estará aberto dende o luns 11 ata o mércores 20 de novembro e os participantes serán seleccionados por rigurosa orde de inscrición. Os interesados deberán presentar no rexistro do Concello unha ficha de solicitude que se pode descargar nas web www.lugo.es/espazolab, e  www.lugo.es/europedirect  ou na oficina de atención ao cidadán do Concello.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova