Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A escritora lucense Marta Rivera presenta o seu último traballo La boda de Kate no Concello de Lugo


# Venres, 08/11/2013
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, destacou a importancia de que a través dos seus  traballos miles de persoas coñezan a existencia da nosa cidade

Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañaron á escritora lucense Marta Rivera de la Cruz, na presentación do libro La boda de Kate que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Lugo.

No acto, ao que acudiron numerosos asistentes, Luis Álvarez incidiu na “satisfacción que supón para o Concello poder presentar o libro dunha escritora da nosa cidade e que triunfa fóra das nosas fronteiras e que ademais en todas as súas novelas está presente a cidade de Lugo dunha maneira ou outra”. Tamén lle desexou moita sorte con esta novela e “con todas as que agardamos que escribas para seguir deleitando aos lectores”.

Pola súa parte, Carmen Basadre, agradeceulle que “sempre recorde as súas orixes e teña presente a nosa cidade en todos os sitios aos que vai” e indicou que “non hai mellor promoción dunha cidade que o exemplo que os lucenses dan ao longo de todo o mundo”. Ademais destacou que “se trata dunha novela moi entretida e entrañable, apta para todos os públicos e moi romántica que nos fai pensar no discurrir da vida ao longo dos anos”.

Dende o ano 1998 no que obtivo o premio Ateneo Joven de Sevilla coa novela Que veinte años no es nada, Marta Rivera de la Cruz, non parou de recoller éxitos tanto da crítica como do público en cada un dos traballos publicados. Así, La boda de Kate, súmase a novelas como Hotel Almirante, El inventor de historias, La vida despúes ou a que foi finalista do premio Planeta, En tiempo de prodigios.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova