Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presentou a cidade de Lugo como exemplo na promoción do comercio nunha xornada organizada pola FEMP en Madrid


# Venres, 08/11/2013
López Orozco explicou a xestión feita polo Concello e que lle serviu para obter o Premio Nacional de Comercio Interior 2011, que concede o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou como poñente na xornada sobre o papel dos Concellos na dinamización do comercio interior organizada pola FEMP, e na que expuxo o traballo realizado na cidade de Lugo en promoción e axudas para o pequeno comercio que se desenvolven a través do Plan Urban.

López Orozco sinalou que a través do Plan Urban, o Concello de Lugo, xestionou axudas e subvencións para dinamizar o pequeno comercio no centro histórico da cidade como se recoñeceu co Premio Nacional de Comercio Interior 2011 na súa modalidade de Concellos.

O Plan Urban persegue a rexeneración económica e social do casco histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos endóxenos da cidade, centrándose na rehabilitación, a intervención en espazos públicos e a revitalización do comercio e o turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova