Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
21/05/19
NOTICIAS
Escucha esta página

O certame de relatos curtos Anxel Fole terá un único premio de 4.000 euros e a publicación do traballo pola editorial Xerais


# Lunes, 11/11/2013
Carmen Basadre indicou que o prazo está aberto ata o 31 de decembro e que “con estes cambios pretendemos que o gañador ou gañadora poida entrer no mercado literario”

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou hoxe que a apertura do prazo para participar na XVI edición co Certame de relatos curtos Ánxel Fole e que remata o próximo 31 de decembro.

Esta nova edición preséntase con novidades importantes para os participantes xa que nesta ocasión só haberá un único premio de 4.000 euros e será publicada pola editorial comercial Edicións Xerais de Galicia. “Con este cambio tratamos de que o gañador ou gañadora poida profesionalizarse e forme parte do universo literario ao ter a opción de publicación e venda en todas as librerías de Galicia” segundo explicou Basadre.

A Concelleira de Cultura tamén se referiu a que, “tendo en conta a experiencia dos últimos anos e a realidade do mundo literario e editorial galego,” e entende que o certame resultará máis útil para a promoción das letras, se modifican as súas bases para premiar cun único premio un libro de narrativa breve que poida consistir nunha novela curta ou nun conxunto de relatos, garantindo ademais a publicación deste libro por unha editora comercial.

As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, en calquera caso cunha extensión total mínima de 50 folios estándar e máxima de 100, equivalentes respectivamente a 90.000 e 180.000 carácteres con espazos e deberán presentarse tres copias mecanografiadas no departamento de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, S. A. Esta editorial asinará co autor ou autora un contrato de edición nas condicións habituais, sempre de acordo coa lexislación vixente sobre a propiedade intelectual, e tendo en conta a exención

O xurado deliberante estará formado por tres persoas competentes na materia, designadas pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, unha delas a proposta de Edicións Xerais de Galicia. Con voz e sen voto, formarán tamén parte do xurado a Concelleira de Cultura e un funcionario que ela designe e que actuará como secretario que se reunirá antes do 15 de marzo do 2014.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva