Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O novo centro de asociacións municipal sito na rúa Monte Faro dende hoxe será Casa de Asociacións Maria Mariño


# Martes, 12/11/2013
López Orozco e González Abelleira inauguraron a placa co nome das novas instalacións nas que se fixeron obras de mellora e accesibilidade



Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiron esta mañá a inauguración da Casa de Asociacións poeta Maria Mariño, e que está situado na rúa Monte Faro.

López Orozco sinalou que “se deben dar as grazas as asociacións instaladas que son intermediarios imprescindibles entre a sociedade e as administracións, imprescindibles porque traballan sen ánimo de lucro para beneficiar ao conxunto dos veciños”. Ademais, “hoxe coa colocación da placa que lle da nome a este centro cremos que tamén lle facemos unha homenaxe á nosa cultura e a unha poetisa que soubo recoller nos seus poemas a dor do pobo que sufría e que agora segue sufrindo”.

Pola súa parte, a Concelleira de Benestar Social, explicou que dentro do obxectivos asumidos dende o “III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”, está o de visibilizar o papel da muller coa finalidade de promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Por este motivo, o Concello de Lugo quere render unha homenaxe a María Mariño, poeta galega que estivo practicamente oculta na historiografía literaria galega ata finais dos anos oitenta e que viu como o seu estudo se revitalizaba definitivamente coa adicación do día das Letras Galegas no ano 2007.

Na actualidade son 8 as asociacións que están instaladas nos diferentes locais e que  teñen un periodo de cesión en precario por un ano e que se poderán prorrogar ata un máximo de tres. As asociacións que contan cun local son a Asociación penitenciaria Concepción Arenal,  Asociación Corazóns Artesáns, Asociación de dano cerebral sobrevido/adquirido lugo (ADACE LUGO), Asociación Enriqueta Otero, mulleres luguesas contra a violencia de xénero, Asociación de inmigrantes y retornados rioplatenses de Lugo e a Asociación Reiki Lugo, Cruz Vermella e Ecos do Sur.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova