Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presidiu o acto de celebración do Concerto da Lembranza


# Martes, 12/11/2013
Ademais tamén se entregaron os premios ao gañadores do I Concurso de Fotografía sobre o Cemiterio Municipal

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello de Lugo celebrou na Capela do Cemiterio de San Froilán o Concerto da Lembranza que tivo unha gran acollida e que contou cunha importante afluencia de público. Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de  actuacións, que teñen por obxecto a integración do cemiterio na vida social e cultural da cidade e o de darlle á morte o seu sentido natural, como unha etapa máis do ciclo vital tal e como se viviu sempre na sociedade galega, fuxindo do concepto tabú e desintegrador que foi enraizando nos últimos tempos.

O seu carácter participativo tivo unha resposta favorable na cidadanía con intervencións nas que varias persoas, incluidas nenos e nenas, colaboraron  directamente coas súas dedicatorias de lembranza e de honra manifestadas a través de cantos, poemas ou lectura de textos, contribuíndo a darlle ao concerto  un carácter íntimo e cálido.

Ademais no acto entregáronse os premios ao gañadores do I Concurso de Fotografía sobre o Cemiterio Municipal Estampas de paz e acougo que recaeron en:

Primeiro premio:
Título: “AS CORES DO CEMITERIO”
Autor: José Antonio Cartelle Cudillero
 
Segundo premio:
Título: “ETERNO PESAR”
Autor: Patrick González Poyán
 
O xurado, á vista da calidade das obras presentadas, acordou conceder
dous accésit ás fotografías que a continuación se indican:
 
Título: “ESPERANZA”
Autor: Jesús Burgo Tomás
 
Título: “ASCENSO Á PAZ”
Autor: Begoña Pérez López


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova