Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez informou do remate do prazo para as vivendas que teñen que pasar a Inspección Técnica de Edificios no 2013


# Mércores, 13/11/2013
Ademais a Xunta de Goberno aprobou a prórroga e cesión de tres locais da Praza e Mercado de Abastos

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e no que se aprobou a

O Concello de Lugo investiu 9.228 euros en subvencións que se repartiron entre 70 solicitantes que reunían os requisitos e cos que se axuda aos que máis o precisan para facer as Inspeccións Técnicas de Edificios do 2012, segundo informou o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez. Ademais informou que remata o prazo para os 133 edificios que estan obrigados a pasar este ano 2013 e que foron construidos no ano 1973. Tamén avanzou que no ano 2014 tócalles pasar a inspección a 138 edificacións contruidas no ano 1974.

Luis Álvarez explicou que “con estas axudas se facilita a aquelas persoas que pola súa situación económica requiren algún tipo de axuda para cumprir as súas obrigas como é pasar a inspección dos edificios”.

O Voceiro do Goberno Local destacou dous asuntos aprobados na Xunta de Goberno celebrada esta mañá a solicitude de autorización á Direción Xeral de Administración Local para a creación do posto de control de execución presupuestaria. Luis Álvarez sinalou que na xestión do orzamento dun concello como o de Lugo hai tres órganos, contabilidade, intervención e control da execución presupostaria. As tarefas deste último órgano estabas asumindo o servizo de Intervención de maneira transitoria polo que se solicita a creación deste novo posto de traballo para incluilo na relación de postos do Concello de Lugo.

A Xunta de Goberno tamén aprobou varios puntos relacionados co Mercado e a Praza de Abastos como a cesión temporal por un período de 2 anos, coa posibilidade de prórroga de ata 2 anos máis, dos postos 16 e 17 para a posta en marcha dunha actividade de venda de comida rápida elaborada con produtos da Praza cun canón mensual de 215,23 euros. En relación coa Praza de Abastos tamén se aprobou a prórroga de cesión temporal e renumeración dos postos 14, 15, 27 e 2.
Mércores
Mércores


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova