Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 17 máis de 200 especies de cogumelos formarán parte da XII Exposición de Cogomelos


# Venres, 15/11/2013
A mostra, organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante todo o día

Imaxe Asociada


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Fernández e Manuel Flores da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XII Exposición de Cogomelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas.

Carmen Basadre sinalou que “é de agradecer o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos  e dar a coñecer a todos os cidadáns o mundo das setas e os hongos “.

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especia en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, segundo sinalou Manuel Fernández. Ademais destacou que nos últimos anos se chegou a ter preto de 250 especies de setas diferentes e que se atopan en entornos próximos a Lugo ademais de sinalar que “este ano, grazas ás condicións climatolóxicas hai un número importante de exemplares nos nosos prados e bosques”.

A Sociedade Micolóxica Lucus ten como un dos seus obxectivos a promoción e divulgación deste recurso forestal como é a micoloxía tanto dende o aspecto económico, culinario e ecolóxico.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova