Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha empresa instalada no CEI-Nodus será a primeira en crear unha plataforma no que se mezclan as redes sociais e a promoción e descarga gratuita de música


# Luns, 18/11/2013
Trátase de Brox Technology que ademais tamén van traballar na realización de videoxogos e desenvolvemento de plataformas web

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, o Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC,  e os emprendedores Elio Laureano, Romell Jaramillo e Alex Novas, presentaron unha nova empresa instalada no CEI-Nodus baixo o nome de Brox Technology.

Sonia Méndez explicou que “se trata dunha empresa tecnolóxica nova que tamén forma parte dun proxecto de emprendemento coa USC e que están creando un produto informático novo que non existe en España”. Neste sentido, lembrou que con estas presentacións “queremos que se den a coñecer todos os proxectos novos instalados no Centro de Empresas e Innovación”.

Ademais a Concelleira incidiu en que dende o Concello se quere difundir este tipo de iniciativas porque é importante que se saiba o apoio que se dá aos emprendedores e para que eles transmitan eses proxectos de futuro cos que a cidade gaña en movemento e dinamismo económico.

Pola súa parte, José Luis Villaverde Acuña, sinalou que a Universidade de Santiago de Compostela, conta cun proxecto denominado ARGOS e co que se ofrece apoio técnico para o desenvolvemento de novas ideas empresariais e do que forman parte o emprendedores de Brox Technology.

En canto, aos emprendedores, Elio Laureano, Romell Jaramillo e Alex Novas, sinalaron o apoio recibido tanto pola Universidade e polo Concello e explicaron que están traballando nun dos seus produtos estrela denominado, Didimox. Esta plataforma pretende ser un espazo virtual para os músicos e artistas que non teñen o respaldo de discográficas e Didimox servirá para distribuir gratuitamente os seus temas e ademais como unha rede social.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova