Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo é a primeira cidade de Galicia que conta co ratio do 5% dos taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida


# Martes, 19/11/2013
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade anunciou que dende xaneiro de 2014 comezará a traballar un novo taxi adaptado e completando a cifra de tres vehículos que prestan este servizo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que os veciños e veciñas de Lugo disporán dende xaneiro de 2014 cun novo taxi adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Desta maneira, o Concello de Lugo, é o primeiro de Galicia, que cumpla coa ratio de taxis adaptados en relación ao total que se aconsella na lei autonómica de accesibilidade e supresión de barreiras.

“En lugo hai 69 licenzas e imos contar con 3 taxistas co cal se consigue que os 365 dias do ano e 24 horas se cubran todas as necesidades das persoas con mobilidade reducida e se poida mellorar a calidade de vida das mesmas” segundo Ana González Abelleira.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade explicou que debido ao incremento de solicitudes dos servizos dos taxis adaptado o Concello considerou a necesidade de ampliar o servizo mediante unha subvencion nominativa de 6.500 euros en total para a adaptación.

No 2012 atendíase unha media de 5 servizos diarios e un total anual de, aproxidamente 1.650 anuais que no ano 2013 pasaron a ser unha media de 8 servizos diarios que por 330 días acadan un total de 2.640 servizos anuais; destes, entre un 70 e un 80% realizanse a mulleres o que representan un incremento considerable de estes taxis.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova