Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez asiste á reunión da Rede Española de Cidades Intelixentes na que se asinou un protocolo de colaboración coa Rede RENER portuguesa para crear a Rede Ibérica


# Martes, 19/11/2013
Ademais tamén se aprobou a incorporación de oito novas cidades na Rede Española de Cidades Intelixentes

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiu a unha reunión da Xunta Directiva da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), formada polos representantes dos 25 municipios fundadores e reunida hoxe en Barcelona no marco do Smart City Expo World Congress, e na que se aprobou a incorporación de oito novas cidades. Trátase de Albacete, Alcalá de Henares e Majadahonda (Madrid), Alzira (Valencia), Fuengirola (Málaga), Huelva, Las Palmas de Gran Canaria e Motril (Granada). Con eles, RECI pasa a estar constituída por 49 municipios.

Así mesmo, o máximo órgano representativo da RECI ratificou a firma do protocolo de colaboración coa Rede RENER portuguesa (integrada por 25 cidades), que tivo lugar a pasada semana no país veciño, en virtude do cal se constituirá formalmente a Rede Ibérica de Cidades Intelixentes. Os seus principais obxectivos serán contribuír a mellorar os coñecementos e experiencias de ámbalas dúas redes, promover a Península Ibérica como espazo común para o testeo de produtos e servizos tecnolóxicos e acometer conxuntamente proxectos europeos de smart cities.

Obxetivos da Rede Española de Cidades intelixentes
A Rede Española de Cidades Intelixentes (www.redciudadesinteligentes.es) foi constituída en xuño de 2012 co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sostible e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforro enerxético, a mobilidade sostible, a eAdministración, a atención ás persoas ou a seguridade. Actualmente está formada por 41 cidades: A Coruña, Alcobendas, Alcorcón, Alicante, Aranjuez, Ávila, Badaxoz, Barcelona, Burgos, Cáceres, Castelló, Córdoba, Guadalajara, Elche, Gijón, Logroño, Lugo, Huesca, Madrid, Málaga, Marbella, Móstoles, Murcia, Palencia, Palma de Mallorca, Pamplona, Ponferrada, Oviedo, Rivas-Vaciamadrid, Sabadell, Salamanca, Santander, Segovia, Sevilla, Tarragona, Torrejón de Ardoz, Torrent, Valencia, Valladolid, Vitoria-Gasteiz e Zaragoza. A fundación Fundetec é a súa oficina técnica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova