Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza novos obradoiros de formación para docentes dentro do programa municipal Vivir Xuntos Convivir


# Mércores, 20/11/2013
Terán lugar durante o mes decembro e van dirixidos a docentes de Lugo capital e provincia con interese en resolución pacífica de conflitos e mellora da convivencia

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, que dirixe Esther Muñoz, informa que no marco do Programa municipal Vivir Xuntos Convivir do Concello de Lugo, vanse desenvolver Obradoiros de formación dentro da actividade Creación de vínculos na aula como mecanismo  para a diminución de tensións na aula.

Estes obradoiros  terán lugar durante o mes decembro e van dirixidos a docentes de Lugo capital e provincia con interese en resolución pacífica de conflitos e mellora da convivencia. Os aspectos a tratar neses días estarán centrados en estratexias que axudan a mellorar e previr situacións de tensión na práctica diaria dentro da aula, en concreto nesta ocasión, tratarán sobre aprendizaxe cooperativa, xogos cooperativos e comunicación non violenta.

Na avaliación final da actividade, Vivir Xuntos, presentará propostas para o ano que ven e nas que se terá en conta as suxerencias que os asistentes ou persoas interesadas nestes temas fagan chegar durante os cursos para futuras actuacións.

Poden solicitar información a través da Concellería de Educación, que está situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, na Rúa Quiroga Ballesteros s/n, no teléfono 982 297 497 ou no correo electrónico do Programa: coordinacionvivixuntosarrobagmail.com.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova