Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá venres proxectase no Club Fluvial de Lugo o audiovisual 22 en vertical impartido polo destacado escalador lucense Luis Penín


# Xoves, 21/11/2013
Neste traballo quere compartir as súas experiencias ao longo de máis de 20 anos de escalada

Mañá venres 22 de novembro ás 20 horas proxectarase no Salón de Actos do Club Fluvial de Lugo, o audiovisual 22 en Vertical proxectado e impartido polo destacado escalador lucense Luis Penín.

Neste audiovisual, comparte as súas experiencias ao longo de máis de 20 anos de escalada, dende os seus inicios nos arredores de Lugo, ata os seus logros e escaladas máis importantes, como poden ser a de paredes en rocha xeo e mixto nos Pirineos, Alpes e Estados Unidos. Tamén dará a coñecer as súas experiencias en escalada  deportiva alcanzando un grao de 8c+ ensaiado e 8a+ a vista, converténdose nun dos escaladores máis fortes do país.

Na súa carreira deportiva destaca que foi coroado campión Galego e de Cataluña de Escalada Deportiva, e foi membro do equipo Español de Escalada deportiva en 2004.

Ademais obtivo o premio á Mellor actividade de Escalada en Xeo e Dry Tooling da FEDME (Federación Española de Deporte de Montaña e Escalada), e o premio ao Mérito Deportivo da Federación Galega de Montañismo.

A entrada é libre e gratuíta, convertendo a este evento nunha excelente oportunidade para achegarse en primeira persoa ao fascinante mundo da escalada.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova