Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Infancia cun encontro de participación infantil no que participaron cinco colexios en colaboración con UNICEF


# Xoves, 21/11/2013
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade contestaron as preguntas e anotaron as propostas feitas polos alumnos e alumnas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira,o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e a Presidenta de UNICEF Lugo, Miriam Garabito, conmemoraron o Día Internacional da Infancia que se celebra hoxe cun encontro de participación infantil na que os nenos e nenas de Lugo fixeron propostas a prol da infancia. O motivo de que esta celebración sexa nesta data é porque se cumplen anos dende que se aprobou a Convención de Dereitos dos nenos o 20 de novembro de 1989.

No acto no que participaron 5 alumnos de cinco colexios de Lugo, os nenos e nenas eran os protagonistas xa que tiñan que presentar diferentes propostas e preguntas ante representantes do goberno municipal, que son os responsable de que se cumpran os dereitos dos nenos a nivel local. Este ano, a maior preocupación dos nenos e nenas, era os dereitos dos nenos en caso de catastrofes naturais como en Filipinas, os desprazamentos motivados por conflictos sociais e, nun ámbito máis municipal, as supresión de barreiras para menores que teñen algún tipo de discapacidade.

Previamente á celebración deste encontro, os nenos e nenas participantes estudaron nos seus colexios os distintos dereitos recollidos na Convención de dereitos dos nenos e en relación a estes e ó seu cumprimento na nosa cidade formularon propostas ó Alcalde. No colexio Cervantes traballaron sobre o dereito dos nenos e nenas a ter unha identidade e a poder desenvolverse a través dos xogos e poder desfrutrar da infancia; no colexio Fingoi sobre o dereito de ter unha educación en todos os lugares do mundo e a protección contra o traballo infantil, e no colexio Galén sobre o dereito a ter acceso a unha sanidade gratuíta e a que se adopten medidas contra os malos tratos infantis. No caso do colexio Divino Maestro os alumnos estiveron traballando o dereito á igualdade en todos os ámbitos e a participación na vida social e os do colexio dos Franciscanos traballaron sobre o dereito dos nenos a ter unha familia e á protección dos menores con discapacidade.

O Concello de Lugo,  leva moito tempo traballando a  favor dos dereitos da infancia por este motivo ten aprobado un Plan integral municipal de infancia e adolescencia (anos 2011-2015). O Programa de Cidades Amigas da Infancia é unha iniciativa de Unicef España posta en marcha e desenvolvida co apoio financierio de a axuda do Ministerio de Sanidade, Benestar Social e Igualdade e coa colaboración da FEMP e o Instituto Universitario de necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova