Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conmemora o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero co enterro do libro Cásate e sé sumisa


# Luns, 25/11/2013
O manifesto do Foro de Igualdade reivindica máis compromiso do Goberno na loita contra esta lacra social

Imaxe Asociada
Ademais medio cento de escolares participaron na accion cultural Pedras no camiño da artista Luz Darriba que se celebrou na Horta do Seminario


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, encabezaron os actos de conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e que comezaron na Praza de Santo Domingo coa lectura dun manifesto, o enterro do libro Cásate e sé sumisa e unha acción cultural Pedras no camiño da artista Luz Darriba que reuniu a medio cento de escolares na Praza Horta do Seminario.

Os actos organizados polo Concello de Lugo serviron para reclamar o mantemento das axudas para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Neste sentido, o manifesto que foi aprobado polo Foro de Igualdade, sinala que “a violencia de xénero lonxe de estar no camiño de resolverse, parece que está a vivir un dos seus peores momentos porque se está a silenciar” e denuncia que “a crise aféctanos a todos e a todas, pero aos que están en situación de vulnerabilidade moito máis, as mulleres que se encontran en situación de maltrato téñeno máis difícil para romper con ela, para saír da espiral da violencia machista necesitan axuda”. Por elo indica que “aí está ou debería estar, o Goberno para romper ese muro, e non o está a facer” xa que “hai menos chamadas de auxilio, hai menos denuncias e están a aumentar o número de mulleres que retiran as denuncias. A violencia está a quedar de novo na casa, de portas para dentro.”

“O recorte presupostario que sufriu a Lei Integral Contra a Violencia de Xénero nestes anos de Goberno do PP foi sangrante, xa supera o 28%. O que supón menos atención, menos sensibilización, menos prevención e máis mulleres que non poden saír da espiral de violencia” destaca o manifesto no que tamén se denuncia o desmantelamento de moitos centros de atención a vítimas e diminución das campañas de sensibilización social.

O manifesto conclúe reclamando “polas mulleres que son vítimas da violencia de xénero, pola dignidade da nosa sociedade, esiximos neste Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xénero, que o Goberno reactive e esperte á Lei Integral Contra a Violencia de Xénero, cun presuposto apropiado e suficiente, que volva coordinar ás distintas administracións, que anule a reforma local e volva educar en igualdade. En definitiva, esiximos que o Goberno loite de verdade contra a violencia de xénero, que se implique con todas as súas consecuencias e traballe con e polas mulleres.”
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova