Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conta cun novo camión de recollida de basura con grúa que servirá para tres tipos de contedores diferentes


# Martes, 26/11/2013
Esta nova adquisición forma parte dunha serie de melloras levadas a cabo para mellorar o sistema de reciclaxe e limpeza da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez,  presentaron un novo camión para recoller basura que está pensado para desenvolver a súa labor tanto con contedores de basura normais, como con contedores soterrados e tamén servirá para os contedores de papel.

O vehículo presentado é un camión recolector Ros Roca mode Cross 18S de 18 m3, de carga mixta (traseira e superior) de 26.000 Kg. MMA, con tolva e con elevador polivalente e cámara con monitor en cabina, ademais de contar cunha grúa con radio-mando.
 
López Orozco salientou “a inversión que fai o Concello para mellorar a limpeza da cidade e ofrecer un servizo moderno e rápido que moleste o menos posible aos veciños e veciñas, pero que é tarefa de todos ter unha cidade limpa”.

O novo camión tivo un custe de 256.000 euros de inversión e ademais ten unha cabina de piso baixo que facilita o acceso aos operarios e disminúe o risco de lesións e ademais ao ter un chasis baixo poderase acceder a zonas con pouca altura sen problema, como túneles ou zonas de arbolado.

Esta nova adquisición forma parte dunha segunda modernización do servizo de limpeza que se levou a cabo nos anos 2012 e 2013 e nos que se mercaron 3 novas varredoras, con equipos de rego e valdeo, e unha con pala quitaneces para     beirarrúas; 1 camión recolector de carga traseira con grúa, para baleirar os novos     colectores soterrados, e diferente equipación para a neve como son 4 carros esparcidores de sal, unha cuchilla quitaneves para camión e 1 esparcidor de sal para camión ou tractor.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova