Imprimir

O CONCELLEIRO DE DEPORTES RECIBE AO DIRECTOR XERAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE RUGBY NORMAN MAXWELL NA SÚA VISITA AO MURALLA RC


26/11/2013 Norman Maxwell visitou na xornada de hoxe á directiva e xogadores do Muralla Rugby Club na súa xira por Galicia para coñecer o rugby galego a fondo

O novo director xeral da Federación Galega de Rugby, Norman Maxwell, visitou na xornada de hoxe ao equipo do Muralla Rugby Club na súa xira por Galicia, para coñecer o rugby galego a fondo.

Na súa visita estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cocinga, e foi recibido polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente do Muralla Rugby Club, Fernando Rois, e o Director Deportivo, Javier Liz.

Na súa visita a Lugo, Maxwell aproveitou para coñecer a xente do rugby de Lugo, que nestes momentos é primeira na súa división masculina (Liga Galega), para coñecer a súa historia e que significa para a xente de Lugo o rugby, así como para coñecer as necesidades e inquietudes do Muralla Rugby Club de cara ao futuro.

Finalmente, na súa visita aos adestramentos do equipo masculino e feminino, ademais de ter unha toma de contacto directa cos xogadores, tamén tomou nota das aptitudes de todos eles, xa que como director xeral tamén é o máximo responsable das diferentes categorías da selección galega de Rugby.