Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investirá case 170.000 euros para manter dous innovadores programas educativos, "Hortas na escola" e "Aprende xogando"


# Mércores, 27/11/2013
A Xunta de Goberno tamén concedeu a licenza para consolidar o cubo XIII da Muralla e tomou acordos para reforzar os Servizos Sociais municipais coa contratación de cinco traballadores

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a licenza para consolidar o cubo XIII da Muralla romana e tamén tomou acordos para reforzar os Servizos Sociais municipais coa contratación de cinco traballadores, segundo informou na habitual rolda de prensa o Voceiro do Goberno e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez.

Álvarez destacou os asuntos máis importantes que recibiron o visto e prace na reunión semanal do Goberno local, entre os que figura tamén a decisión de continuar ofrecendo dous innovadores programas pedagóxicos que financia o Concello de Lugo, concretamente os de “Hortas na escola” e “Aprende xogando”.

En materia de Educación, o Goberno local autorizou a apertura do procedemento de adxudicación para contratar a realización do programa de “Hortas na escola”, que se desenvolve nos CEIPs e nas Escolas infantís Municipais. O Equipo de goberno mantén
a súa decisión de continuar con esta actividade educativa asentada nos centros escolares polo que convoca o contrato cunha duración dun ano, con posibilidade de prórroga por un ano máis. O prezo para a primeira anualidade será de 23.127,40 euros.

 Asimesmo, a Xunta de Goberno Local acordou hoxe a prórroga, por un período máximo dun ano, do contrato para a execución do programa de intervención e pedagóxico “Aprende xogando”. Neste caso, o investimento anual é de 145.096,70 euros.

Consolidación da Muralla

O Concello tamén aprobou a licenza para efectuar as obras de consolidación estrutural e restauración de lenzo exterior do cubo XIII da Muralla romana. Estas obras, que serán executadas pola Consellería de Cultura, teñen un presuposto de 25.962 euros e un prazo de execución de 30 meses.

A proposta da Concellería de Urbanismo, na área de Disciplina, tamén se acordou  declarar en situación legal de fóra de ordenación total de varias construccións sitas no lugar de Reboredo, número 16, da parroquia de Soñar; na rúa Río Eume, número 51; en Recimil, parroquia de San Lourenzo; no Camiño das Regas, nunha zona coñecida como Mesón do Galo da parroquia de San Lázaro da Ponte, e no lugar de A Brea, número 13-A.

Persoal de apoio para Servizos Sociais

Na área de Recursos Humanos, a Xunta de Goberno tamén tomou acordos para a contratación de cinco traballadores de reforzo para os Servizos Sociais municipais. Concretamente, o Goberno local aprobou hoxe a designación dos membros dos tribunais que se encargarán da cualificación nos procedementos selectivos para a contratación de tres auxiliares administrativos, dous para a realización da obra “Apoio administrativo aos Servizos Sociais municipais” e outro para a realización da obra “Apoio e integración aos apoio e integración aos Servizos Sociais (Muller); un ordenanza para a realización da obra “Atención ás persoas usuarias dos locais sociais” e un cociñeiro para a obra “Servizo de oficial cociñeira/o no Fogar do Transeúnte”.

Tamén se acordou a apertura dun expedente disciplinario, tal e como propón o informe emitido pola Asesoría Xurídica, logo da investigación que se abriu ante as noticias publicadas pola prensa sobre a suposta atribución a unha empresa dun número de teléfono que é do Concello.

Máquinas expendedoras

O Goberno local tamén aprobou esta mañá o prego de cláusulas administrativas, para a autorización de ocupación pública de dominio público municipal mediante a instalación e explotación de máquinas expendedores de bebidas frías, quentes e produtos sólidos. Terá un prazo de duración de dous anos. A instalación e explotación das máquinas non suporá coste algún para o Concello. O canon anual para a licitación das 21 máquinas en 15 edificios e instalacións municipais será dun mínimo de 3.150 euros ao ano. Nas bases establécese a obriga de incluir produtos do comercio xusto nas máquinas expendedoras para axudar a potenciar este tipo de comercio.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova