Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo é pioneira na creación das I Xornadas Gastroaccesibles coas que se pretende eliminar as barreiras alimenticias na hostalería


# Xoves, 28/11/2013
Entre o día 28 de novembro e 8 de decembro 10 establecementos hosteleiros ofrecerán tapas e menús adaptados para celíacos, diabéticos, ou enfermos renais entre outros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá á presentación das I Xornadas Gastroaccesibles de Lugo que se levarán a cabo entre os días 28 de novembro e 8 de decembro. Esta actividade promovida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) conta coa colaboración da Asociación de Loita contra as Enfermidades Renais (Alcer Lugo), a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (Alucem), a Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL), a Asociación de Celíacos de Galicia, a Asociación Galega de Lupus e a Asociación para a Promoción Social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física (Auxilia Lugo).

Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito da accesibilidade, ao empregar as degustacións gastronómicas como fórmula para dar a coñecer cales son as barreiras arquitectónicas e alimenticias que existen na hostalería e cales as formas de eliminalas. Segundo indicaron as asociacións organizadoras, probablemente sexa o único evento deste tipo levado a cabo en España.

Os dez establecementos adscritos son Abrente, Antas, España, La Iguana, Los Soportales, Minuetto, O Cantiño, O Figón, O Lar de Adrián e Pizzería Piccolo. Todos cumpren requisitos de accesibilidade e ofrecerán a prezos asequibles tapas, racións, pratos ou menús elaborados tendo en conta as intolerancias alimentarias de consumidores celíacos e con enfermidades renais, esclerose múltiple, diabetes ou lupus. Ademais, o programa inclúe a celebración o día 3 dunha charla divultiva sobre gastroaccesibilidade.

Así mesmo, no acto lembrouse que a cidade de Lugo está en posesión do Premio Reina Sofía de Accesibilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova