Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo mellora o prazo de pago a proveedores que se reduce a 36 días


# Xoves, 28/11/2013
A Concelleira de Economía anuncia que os cidadáns terán máis información sobre o gasto municipal a través da web do Concello nunha nova medida para aumentar a transparencia na xestión económica

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, comunicou hoxe que o Concello tarda só 36 días de media no pago de facturas ós proveedores. O dato, correspondente ó terceiro trimestre do ano, foi facilitado hoxe á Comisión de Economía e Contas, que celebrou esta mañá a reunión previa ó Pleno do vindeiro luns.

 “O dato mellorou con respecto ó trimestre anterior, xa que o período medio de pago é de 36 días e tamén se incrementou o número de facturas pagadas en prazo”, explicou Sonia Méndez ós medios de comunicación nunha comparecencia trala sesión da Comisión na que se presentou o informe trimestral de pagos a proveedores.

Méndez amosou a súa satisfacción pola reducción nos prazos para o abono das facturas pero, aínda así, marcouse o reto de seguir reducindo os tempos porque, dixo, “o dato é positivo, pero queremos seguir mellorando porque pagar pronto ós proveedores favorece á economía local”.

“É, sen dúbida, un dato positivo, máis aínda, dende logo, se o comparamos co que facía o PP, un partido que agora ten o descaro de criticar que paguemos en 36 días o que eles tardaban 134 días, é dicir catro meses e medio, en pagar”, declarou Sonia Méndez.

A Concelleira explicou que, en todo caso, o Concello ten que tramitar correctamente todas as facturas e por iso danse algúns casos nos que os pagos se demoran máis tempo. Así sucede, por exemplo, cando se trata de facturas presentadas por proveedores que teñen contraído deudas coa Administración local, cando son presentadas a destempo e teñen que ser aprobadas polo Pleno e mesmo noutros casos nos que as empresas proveedoras están incursas en situacións como concursos de acreedores ou embargos de créditos e o Concello non pode facer pagos ata que o autorice un Xulgado. Para ilustrar este tipo de situacións Méndez amosou unha factura presentada no mes de abril por unha empresa sobre a que pesa unha orde dun Xulgado da Coruña que impide efectuarlle o pago correspondente.

Na Comisión de Economía o Goberno tamén deu conta da execución orzamentaria. A 30 de setembro, os ingresos ascenden a 63.800.000 euros e os gastos a 55.700.000 euros.  Os ingresos están executados nun 56% e os gastos no 49%.

A Concelleira de Economía explicou que a porcentaxe de gastos é menor debido a que no mes de xuño aumentouse, cunha nova incorporación de cartos procedentes dos remanentes, a partida inicialmente prevista para o capítulo 6 e no mes de setembro non deu tempo a executar todas as obras que xa están en marcha.

Máis transparencia

Sonia Méndez anunciou tamén unha nova medida da súa Concellería para avanzar na transparencia do Concello de Lugo.

“O Goberno local decidiu proporcionar ós cidadáns máis información da execución orzamentaria para que todos os veciños saiban en qué gasta os cartos o Concello, para elo publicaremos na páxina web listados de gastos por partidas e con comparativas respecto ó ano anterior”, anunciou a Concelleira de Economía.

Por último, Sonia Méndez avanzou que o Goberno segue traballando na elaboración dos Orzamentos do Concello para 2014 que se levarán a Pleno a finais de decembro.

Méndez destacou que se manteñen as prioridades do Presuposto de 2013 xa que “se primará o gasto social, a atención ós maiores e ós nenos, tamén os programas de emprego e imos manter todos os servizos públicos que presta o Concello, así como todas as instalacións municipais”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova