Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde anuncia que o Pleno do estado do Concello celebrarase o 9 de decembro


# Venres, 29/11/2013
López Orozco reúnese o día 3 coa Ministra de Fomento para falar do AVE e a Estación intermodal e asinará a adhesión de Lugo á Rede de Cidades pola Accesibilidade

O Alcalde anima ós lucenses a participar nos actos conmemorativos da celebración do XIII aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial, que se celebran mañá

O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe que a Corporación municipal celebrará o día 9 de decembro o Pleno no que se vai debatir sobre o estado do Concello.

A Corporación tamén adiantará a este mes a sesión plenaria correspondente ó mes de xaneiro, que terá lugar o día 30 de decembro e o vindeiro luns, día 2, celebraranse a sesión plenaria ordinaria de decembro e outra extraordinaria pedida polo Partido Popular.

Por outra parte, o Alcalde avanzou ós medios de comunicación que a semana que vén, concretamente o martes, día 3, viaxará a Madrid para reunirse coa Ministra de Fomento, Ana Pastor.

“É unha visita esperada na que desexo que a Ministra me informe sobre o estado de varios asuntos de importancia para Lugo como o futuro do Tren de Alta Velocidade e da Estación intermodal, así como sobre o proxecto da praza do Agro do Rolo, as futuras conexións da Ponte branco coa Autovía e coa cidade e sobre a Ronda Norte”, avanzou López Orozco.

O Alcalde aproveitará, ademais, esta viaxe a Madrid para participar noutro acto relevante, xa que asinará a adhesión do Concello de Lugo á Rede de cidades pola Accesibilidade, un acto que presidirá a Raíña dona Sofía e no que participará a Ministra de Sanidade, Ana Mato.

Aniversario da Muralla Patrimonio Mundial

O Alcalde tamén aproveitou esta comparecencia pública para lembrar que mañá celébrase o décimo terceiro aniversario da declaración da Muralla romana de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
 
“Foi un logro moi importante, conseguido grazas a intervención de toda a cidadanía e do conxunto das institucións, que nos debe servir para sentirnos cada día máis orgullosos do noso pasado romano e, tamén, para renovar a nosa responsabilidade e compromiso co monumento que é o símbolo da nosa cidade”, destacou López Orozco.

O Alcalde tamén fixo un chamamento ós veciños e veciñas a participar nos actos programados con motivo desta efeméride e lembrou que o Concello organiza con tal motivo un concerto do afamado violinista Ara Malikian e unha andaína pola Muralla.

Os actos desenvolveranse a partir das 17.00 horas. Dende esa hora ata as 19.00 horas terá lugar a primeira das actividades, na que participan as 10 asociacións de romanos e castrexos que se situarán nas diferentes portas da Muralla para, ademais de dar información sobre a historia da mesma, propor distintas actividades dirixidas a todas as idades. Ao finalizar, ás 19.00 horas haberá un desfile polo adarve da Muralla de Lugo.

Despois, ás 21.00 horas terá lugar o concerto de Ara Malikian Ensemble titulado Colores, no Auditorio Gustavo Freire. A expectación por este concerto gratuíto fixo que se agotaran as invitacións en só dúas horas.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua tamén programou outro concerto gratuíto do prestixioso violinista adicado exclusivamente ó público infantil. Este espectáculo, no que fará un paseo polos Contos do Mundo, para nenos e nenas menores de 12 anos, terá lugar o domingo, día 1 de decembro, ás 12.00 horas na Caixa Negra do MIHL.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova