Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo porá en valor os restos arqueolóxicos descubertos nas obras do Vello Cárcere e que forman parte dunha antiga necrópole


# Luns, 02/12/2013
O Alcalde de Lugo explicou que coa axuda do Plan Urban “se pode poñer en valor este importante resto arqueolóxico para que todas as persoas que queiran o poidan visitar”

Imaxe Asociada
O proxecto de posta en valor da estrutura de época romana conta cun presuposto de 34.000 euros e contará cunha ventana arqueolóxica

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar Garcia Porto, e o arqueólogo, Francisco Hervés, presentaron o proxecto de posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere. Desta maneira, a cidade de Lugo conta cun novo achádego que se corresponde cunha estrutura funeraria moi pouco común na zona norte de España.

López Orozco sinalou que “sempre merece a pena este esforzo económico porque con elo conseguimos recuperar parte da nosa historia e porque tamén sirve de exemplo para os particulares que se atopen nesta situación xa que Lugo sen os seus achádegos non serían os mesmos”. No acto tamén estiveron a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a xefa de Arqueoloxía do Concello de Lugo, Covadonga Carreño.

O arqueólogo, Francisco Hervés, sinalou a “importancia que ten un descubrimento como este xa que é o único que coñecemos destas caracteristicas no noroeste peninsular e que se pode musealizar”. O especialista sinalou que se trata dun conxunto pertencente a antiga necrópole romana da cidade e que está formada por unha tumba de inhumación e unha estutura funeraria que tiña como obxecto lavar con auga os corpos dos mortos antes de enterralos. “Para poder atopar algo similar en España tivemos que comparalo con xacementos da zona de Andalucía que é onde se atopan elementos similares” segundo o arqueólogo.

Así, o proxecto vai dar visibilidade aos restos integrandoos dunha maneira sinxela dentro do edificio a través dun vidro antideslizante de protección que permita unha visión directa dos restos e ademais incluirá un sistema de ventilación e renovación do aire e un sistema de drenaxe conectado á rede de saneamento existente. A obra conta cun presuposto de 34.266 euros e enmárcase dentro do Plan URBAN que ten o 80% de cofinanciación do FEDER da Unión Europea.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova