Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo consegue o compromiso da Ministra de Fomento para a humanización da Praza Agro do Rolo no 2014


# Martes, 03/12/2013
Durante a reunión tratouse a chegada da alta velocidade a Lugo, o remate da A-8 e A-54, o desdoblamento da Ronda Norte e a creación de pasarelas nas Gándaras e na Cheda sobre a N-VI




O Alcalde de Lugo, José López Orozco, conseguiu o compromiso da Ministra de Fomento, Ana Pastor, para a licitación das obras de humanización da Praza Agro do Rolo no 2014 cun orzamento de preto de 300.000 euros.

Durante a reunión, mantida esta tarde na sede do Ministerio de Fomento, tamén se tratou a situación da alta velocidade a Lugo, a finalización da A-54 e da A-8, a Ronda Norte, e o proxecto da Estación Intermodal. Sobre este tema, o Ministerio, comprometeuse a enviar aos seus técnicos a Lugo no mes de xaneiro para que, xunto cos técnicos municipais, estuden a situación e o anteproxecto da Estación Intermodal.

En materia de comunicacións, algúns dos compromisos adquiridos son a finalización dos estudos para o desdoblamento da Ronda Norte e para a creación dos enlaces entre a Ponte Blanca e a autovia A-54. Neste sentido, o Ministerio de Fomento, explicou que a súa maior prioridade é rematar as autovías A-8 e a A-54 importantes para a conexión da cidade e ás que se lles asignou orzamentos.

López Orozco sinalou que “saín satisfeito da reunión xa que conseguín o seu compromiso tanto para a Praza Agro do Rolo como para estudar as alternativas para que Lugo non quede fóra do mapa da alta velocidade”. 

Sobre a alta velocidade, a Ministra de Fomento, explicou que é unha das prioridades do seu departamento e que se vai a estudar un enlace rápido entre Lugo e Ourense mentres non se leva a cabo a construción da liña de alta velocidade como pediu o Alcalde de Lugo. Neste sentido, tamén foi importante o aumento do número de pasaxeiros nas viaxes ferroviarias nocturnas a Madrid.

Outra das problemáticas que o Alcalde lle presentou foi a necesidade de dúas pasarelas accesibles unha nas Gándaras e outra no barrio da Cheda para cruzar a estrada N-VI e que o Ministerio volverá a estudar  as posibles solucións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova