Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acolle a exposición Préstamos para soñar fruto do proxecto de cooperación desenvolvido por Taller de Solidaridade


# Martes, 03/12/2013


 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta tarde á inauguración da exposición Préstamos para soñar, un exemplo do valor dos bancos comunais e fruto do proxecto de cooperación desenvolto pola Fundación Taller de Solidaridade.

Esta exposición fotográfica, que percorrerá máis de 13 provincias españolas, é un instrumento de sensibilización para visibilizar á muller como axente de cambio, capaz de multiplicar na súa comunidade os beneficios que xera a súa participación nos proxectos de cooperación. 

A exposición fotográfica consta de 26 instantáneas que expoñen a historia de vida de Carolina, Eva, Diana e Laura que, grazas ao proxecto de microcréditos, transformaro as súas forma de vida e que a fotógrafa francesa Anabelle Avril recolleu neste traballo.  

Está organizada a través da recreación de 4 fases que representan 4 fitos na historia da vida destas microempresarias: microsoños, préstamo para soñar, macrosoños, e esperanza.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova