Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A domingo 8 de decembro realizarase unha nova visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura ás parroquias lucenses do Burgo e San Xoán do Alto


# Mércores, 04/12/2013
O prazo para inscribirse está aberto ata o sábado 7 de decembro ás 14.00 horas no teléfono de atención cidadá 010 ou na Oficina Municipal de Turismo

O domingo 8 de decembro terá lugar unha nova visita organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura". Trátase dun programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Nesta ocasión a visita realizarase ás parroquias lucenses do Burgo e San Xoán do Alto. O prazo para inscribirse está aberto ata as 14:00 horas do sábado 7 de decembro, segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

Os participantes realizarán un percorrido que comezará cunha visita á igrexa de San Vicente do Burgo, unha andaina polos camiños desta parroquia e unha visita a capela de San Bartolomeu. Despois poderán xantar no mesón As Searas e haberá unha andaina polo Camiño Primitivo dende O Burgo ata San Xoán do Alto, para finalizar cunha visita ás aldeas de Seoane e Vilaestévez.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e a volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos.

O xantar terá lugar no mesón As Searas, que ofrecerá aos participantes un menú de 10 euros. Os que o desexen tamén poden levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e as persoas interesadas poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 7 de decembro a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova