Imprimir

A DOMINGO 8 DE DECEMBRO REALIZARASE UNHA NOVA VISITA DO PLAN TURÍSTICO TERRAS DA AUGA E CULTURA ÁS PARROQUIAS LUCENSES DO BURGO E SAN XOÁN DO ALTO


4/12/2013 O prazo para inscribirse está aberto ata o sábado 7 de decembro ás 14.00 horas no teléfono de atención cidadá 010 ou na Oficina Municipal de Turismo

O domingo 8 de decembro terá lugar unha nova visita organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura". Trátase dun programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Nesta ocasión a visita realizarase ás parroquias lucenses do Burgo e San Xoán do Alto. O prazo para inscribirse está aberto ata as 14:00 horas do sábado 7 de decembro, segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

Os participantes realizarán un percorrido que comezará cunha visita á igrexa de San Vicente do Burgo, unha andaina polos camiños desta parroquia e unha visita a capela de San Bartolomeu. Despois poderán xantar no mesón As Searas e haberá unha andaina polo Camiño Primitivo dende O Burgo ata San Xoán do Alto, para finalizar cunha visita ás aldeas de Seoane e Vilaestévez.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e a volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos.

O xantar terá lugar no mesón As Searas, que ofrecerá aos participantes un menú de 10 euros. Os que o desexen tamén poden levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e as persoas interesadas poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 7 de decembro a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).