Imprimir

A XI CARREIRA LUGO MONUMENTAL GRAN PREMIO E-ON TERÁ LUGAR O DOMINGO 22 DE DECEMBRO


4/12/2013 Como novidade a saída será dende a zona da Mosqueira e aumentará o número de inscritos adultos ata os 1.800 participantes

Será unha carreira solidaria xa que unha porcentaxe do recaudado polas inscrición será donado á asociación Alume

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Luis Garcia Santalla, Director Eon Lugo, Carlos Carballo, de Seguros Divina Pastora, Luis Barrio, Director de Publicidade de El progreso, e Raúl Centelles, representante de Coca-Cola Begano, presentaron a XI edición da carreira Lugo Monumental Gran Premio E-On que se vai celebrar o domingo 22 de decembro no centro de Lugo.

No acto, no que tamén participou Manuel Fernández Prado, Director da asociación Alume, tamén se fixo público que esta carreira será solidaria xa que o 30% da recaudación obtida pola inscrición na mesma será donado para que Alume poida seguir traballando pola integración das persoas con enfermidades mentais na sociedade.

Este ano a carreira contará con varias novidades entre as que destacan o lugar de inicio da mesma que será dende a Ronda da Muralla a altura da Mosqueira que permite unha saída máis cómoda pola amplitude da zona. Nesta edición tamén se aumenta o número de persoas que se poden inscribir ata un máximo de 1.800 adultos, 300 máis que na edición anterior. Neste sentido, o Concelleiro de Deportes, xa adiantou que “o prazo de inscrición abriuse ás 00.00 horas de hoxe mércores e ás 11.00 da mañá xa había 300 inscritos o que indica a gran aceptación que ten entre a cidadanía”. Tamén este ano as asociacións de castrexos e romanos axudarán a custodiar aos miles de deportistas que se inscriban á proba e que deberán recoller os dorsais o sábado 21 de decembro na parte traseira da Casa do Concello.

Ao mesmo tempo celebrarase a partir das 11:00 horas, a segunda proba ol circuito CCNOS para menores que discurrirá por parte do trazado da carreira absoluta.

As inscripcións pódense facer por internet a través da web de www.championchipnorte.com  e o prazo estará aberto ata o día 17 de decembro. Outra novidade é que dende a apertura das inscricións haberá distintos tramos de precios en función da data de inscrición, así entre o 4 e o 8 de decembro será de 3 euros, na semana do 9 ao 15 de decembro o prezo é de 5 euros e na semana do 16 e do 17 de decembro será de 10 euros.

O percorrido terá a saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da circulación discurrindo pola Ronda ata chegar á altura da Rua do Teatro xiro a esquerda e subida - Santo Domingo-xiro a esquerda rua da raiña-paso fronte a LIÑA DE META-xiro a dereita baixando pola rua da Praza Maior-xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón do Círculo das Artes . xiro á dereita cara a rua Villalba enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rua Pintor Corredoira. Cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez a en dirección á ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro a dereita Dtor Portela ida e volta seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (praza Maior), e chegada á Meta situada á altura da Casa do Concello.