Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo incorpórase á Rede de Cidades pola Accesibilidade que se constituiu hoxe en Madrid


# Martes, 03/12/2013
O Alcalde asina a adhesión da nosa cidade ó grupo de concellos comprometidos coa supresión de barreiras, un acto que presidiu a Raíña

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco,  asinou esta tarde, en Madrid, a adhesión de Lugo á Rede de Cidades pola Accesibilidade que naceu hoxe o mesmo día no que se conmemorar o Dia Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

O acto, que foi presidido pola Raíña dona Sofía, tivo lugar esta tarde, en Madrid, e tamén contou coa presenza da Ministra de Sanidade, Ana Mato.

O Concello de Lugo, que ten unha acreditada traxectoria na loita contra as barreiras arquitectónicas é unha das 60 cidades e vilas que se comprometen nesta Rede de Cidades pola Accesibilidade.

Esta rede, que ten o nome de REDCA-4ALL, nace coa vocación de estratexia para mellorar a habitabilidade urbana e social a través do diseño universal dos espazos e servizos públicos das cidades, ao tempo que reforza as Boas Prácticas en Accesibilidade e configúrase como foro de intercambio de experiencias.

Para levar a a cabo este proxecto precísase a iniciativa municipal e a aportación das persoas con discapacidade e das entidades que as representan para que ofrezcan a análise das necesidades, as prioridades e as formas de concreción das mesmas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova