Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE "EUROPA E O EMPREGO"


4/12/2013

A Concellería de Educación, Formación e Orientación laboral, que dirixe Esther Muñoz, organizou hoxe unha xornada informativa sobre “Europa e o emprego”.

A Concelleira de Educación explicou que con esta actividade, dirixida especialmente a poboación xuvenil, trátase de achegarlles ós mozos e mozas de Lugo información que lles pode ser útil para a súa incorporación o mundo laboral.

Con este obxectivo, Europe Direct, o Centro de información europea do Concello, instalou durante todo o día un stand no lateral da Praza Maior.

Dende as 11.00 ata as 14.00, pola mañá, e de 17.00 a 20.00, pola tarde, dous técnicos proporcionaron información tanto sobre os programas de emprego que ten en marcha o Concello de Lugo, qué hai que facer para traballar nas Institucións europeas, cómo elaborar un currículum ou as actividades de formación que se ofrecen na Oficina de información europea do Concello, entre outros aspectos.