Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A sexta ventá arqueolóxica de Lugo deixa á vista restos dun templo romano situado perto da Muralla


# Xoves, 05/12/2013
O Alcalde asinou un convenio co Círculo das Artes para que todos os veciños e visitantes poidan contemplar este achádego

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello dalle unha achega de 116.000 euros, procedentes do Plan Urban, ó Círculo que se compromete a deixar visitar a ventá e a ceder os terreos para o futuro paseo interior da Muralla

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe un convenio de colaboración co Presidente do Círculo das Artes, Jesús López-Domínguez López, para que todos os veciños de Lugo e os turistas poidan visitar a nova ventá arqueolóxica instalada nos restos do templo romano do século IV localizados a carón do Círculo.

No acto, celebrado esta mañá na Casa do Concello, tamén participaron a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Deputado provincial de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Alvaro Santos.

O Alcalde explicou que ésta é a sexta ventá arqueolóxica instalada en Lugo coa que se amosan restos arqueolóxicos do noso patrimonio romano. Na actualidade pódense ver algúns destes restos nas ventás da Piscina de Santa María, o Acueduto de San Marcos e da Muralla na rúa Nova, estase instalando outra en Doutor Castro e vaise facer unha máis no Vello Cárcere.

López Orozco explicou que ó abeiro do convenio asinado hoxe, o Concello colabora económicamente co Círculo das Artes que se compromete, a cambio, a garantir o acceso de todas as persoas para que poidan visitar estes restos situados nunha propiedade privada. Ademais, o Círculo, que se fixo cargo das obras de posta en valor destes restos arqueolóxicos, asume o compromiso de ceder os terreos gratuítamente para facer nesa zona o treito correspondente do futuro paseo interior da Muralla.

O horario para visitar a nova ventá arqueolóxica será de 10.00 a 20.00 horas, agás no inverno que estará accesible ata as 18.00 horas.

A achega económica que fai o Concello para este fin é de 116.776 euros, procedentes dos fondos do Plan Urban, que financian a Unión Europea (cunha parotación do 80% procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Concello e a Deputación provincial.

Tamén sinalou o Alcalde que, con motivo das obras realizadas polo Círculo na praciña do Colexio apareceron estes restos romanos que deben ser conservados e disfrutados por todos os lucenses e os turistas porque son unha parte importante do patrinomio cultural de Lugo. Neste sentido, o arqueólogo municipal Enrique González explicou que a nova ventá arqueolóxico deixa ó descuberto restos dun templo romano datado no entorno do século IV que, segundo parece, non sería utilizado máis aló do século V.

A importancia deste achádego débese “non tanto á monumentalidade, senón pola orixinalidade, xa que se trata de restos atípicos na arqueoloxía de Lugo”, indicou tamén González.

Trátase dun edificio adicado ó culto pero, polo momento, falta por definir a quen estaba adicado ese templo, que ten pranta rectangular con cabeceira absidal e pavimento característico desta época, explicou o arqueólogo do Concello que tamén sinalou que só foi posible descubrir parcialmente estes restos porque o resto están debaixo da cimentación do edificio do Círculo
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio


RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova