Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes de Alemaña de intercambio no IES Fingoi visitaron esta mañá a Casa do Concello


# Xoves, 05/12/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 40 mozos e mozas da cidade de Kleinmachnow, ao sur de Berlín en Alemaña, de intecambio no IES Fingoi e que estiveron pola nosa cidade durante estes días.

López Orozco deulles a benvida en alemán explicándolles “que os romanos nos deixaron unha Muralla que a través das 10 portas que ten nos comunica e recibimos a toda Europa”. Neste sentido, tamén falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”.

Os alumnos alemáns agasallaron ao Alcalde cun libro sobre a historia de Brandeburgo Pola contra, o Concello de Lugo, entregoulles un libro coa historia da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova