Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comeza a III Feira de Outono con máis de 40 expositores e con nova ubicación no soto da Praza de Abastos


# Xoves, 05/12/2013
O día 6 e o dia 8 terán lugar dúas visitas turísticas tanto polo centro da cidade como pola Ponte Romana e que sairán ás 11 dende a Praza do Campo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se enmarcan dentro do programa Ponte en Lugo en Outono e que comeza coa III Feira de Outono que cambia de ubicación e celebrarase no soto da Praza de Abastos entre o 6 e 9.

Carmen Basadre manifestou que “con este cambio de ubicación podemos dar unha maior cabida para os stand xa que este ano duplícase o número e participarán 44 postos que terán a venda dende produtos ecolóxicos, xoiería, artesanía ou xoguetería”.
A III Feira de Outono pretende ofrecer un tempo de lecer a lucenses e a turistas, persegue unha finalidade aínda máis ambiciosa que é a de promocionar os produtos da terra e a artesanía tradicional galega, pois proporciona aos produtores e mestres artesáns unha plataforma de presentación e venda dos seus produtos dun xeito directo, sen intermediarios. Este tipo de iniciativas favorece o consumo responsable, estimula a economía local ao difundir a actividade dos pequenos produtores e proporciona o coñecemento da calidade dos produtos galegos por parte do consumidor. O horario será de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas os días 6, 7 e 8 e o día 9 de 10 a 14 horas.

Ademais, esta fin de semana, tamén se celebrará as “saturnalias”, unhas festas paganas anteriores ao Nadal, e que constarán de visitas turísticas o venres 6 de decembro coa “Ruta polo Centro Histórico” que comezará as 11.00 con saída dende o Centro de Interpretación da Muralla. Xa o domingo 8 de decembro sairá ás 11.00 da Praza do Campo a “Ruta de A Ponte” que percorrerá a antiga vía XIX ata o barrio da Ponte.

Tamén os días 6 e 8 de decembro haberá as visitas turísticas organizadas dentro do programa turístico Terras de Auga e Cultura. O primeiro día ás parroquias de Prógalo, Santalla de Bóveda, Bacurín e San Pedro de Mera, e o domingo 8 as de o Burgo e de San Xoan de Alto. En ambos casos o autobús sairá dende o tramo peonil da Ronda da Muralla ás 10.30 horas e para participar hai que inscribirse a través do 010 ou na Oficina Municipal de Turismo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova