Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local sorprende un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, tiña o carné retirado e non levaba o cinto de seguridade


# Martes, 10/12/2013


A Policía Local de Lugo denunciou un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, ademais de ter retirado o carné e conducir sen usar o cinto de seguridade.

A Policía Local localizou a pasada noite, ás 0.20 horas, ó condutor do turismo matrícula 6607 BNV, circulando sen levar posto o cinto de seguridade e, cando procedeu a denuncialo, observou que presentaba síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que se lle realizaron as probas regulamentarias, que deron como resultado 0.98 e 0.98 mg de alcol de litro de aire expirado.

Ademais, o condutor, un veciño de Lugo de 53 anos, carece de permiso de conducir xa que lle foi retirado pola la Dirección Xeral de Tráfico.

Por todo elo, a Policía Local tramita dilixencias para o Xulgado de Garda por senllos delictos contra a Seguridade do Tráfico.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova