Imprimir

A POLICÍA LOCAL SORPRENDE UN CONDUTOR QUE DEU POSITIVO NA PROBA DE ALCOHOLEMIA, TIÑA O CARNÉ RETIRADO E NON LEVABA O CINTO DE SEGURIDADE


10/12/2013

A Policía Local de Lugo denunciou un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia, ademais de ter retirado o carné e conducir sen usar o cinto de seguridade.

A Policía Local localizou a pasada noite, ás 0.20 horas, ó condutor do turismo matrícula 6607 BNV, circulando sen levar posto o cinto de seguridade e, cando procedeu a denuncialo, observou que presentaba síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que se lle realizaron as probas regulamentarias, que deron como resultado 0.98 e 0.98 mg de alcol de litro de aire expirado.

Ademais, o condutor, un veciño de Lugo de 53 anos, carece de permiso de conducir xa que lle foi retirado pola la Dirección Xeral de Tráfico.

Por todo elo, a Policía Local tramita dilixencias para o Xulgado de Garda por senllos delictos contra a Seguridade do Tráfico.