Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo súmase ás mostras de pesar polo falecemento do Alcalde de Viveiro Melchor Roel


# Martes, 10/12/2013


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, sumouse esta mañá ás mostras de pesar polo falecemento do Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, do que dixo “sinto moito esta perda xa que era unha persoa moi querida por min”.

López Orozco lembrou que “coñecino como lider de Comisións Obreiras dende que chegou de Uruguay e cruzámonos moitas veces máis con motivo deste traballo de adicarnos á función pública”.

“Marcha unha persoa moi importante para Viveiro, que tiña un cariño enorme pola vila e que os veciños tamén llo tiñan a él xa que traballou moito por eles” explicou López Orozco que quixo ofrecer “todo o meu cariño para a súa familia e para os veciños e veciñas de Viveiro”.

O Alcalde de Lugo asistirá ao longo da mañá do mércores 11 de decembro á capela ardente instalada no Concello de Viveiro para dar o pésame á familia e veciños.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova