Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo Achádego Teatro celebra o seu 25 aniversario cun espectáculo teatral no que vai participar o Alcalde de Lugo


# Martes, 10/12/2013
A obra de teatro que pon fin aos actos de celebración será o sábado 14 ás 20.00 horas no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuita

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Delegado da área de Cultura e Turismo na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e os membros de Achádego Teatro, Antonio Sampaio e Tareixa Campo, presentaron os actos de conmemoración do 25 aniversario do grupo teatral.

López Orozco sinalou que “ este foi o proxecto creado con gran ilusión por persoas da cidade e que non se pode falar da cultura de Lugo sen falar de Achádego e os bós momentos que nos ten feitos pasar”. Ademais, o Alcalde, lembrou os inicios da compañía de teatro que representou a primeira obra  A dobre historia do Doutor Valmy de Antonio Bueno Vallejo en contra da tortura e da ditadura, na mesma época que cando era Delegado de Cultura en Lugo.

Os actos programados para a celebración do 25 aniversario de Achádego Teatro comezan o xoves 12 cunha mesa redonda ás 20:30 horas na Sala de Exposicións na Deputación de Lugo e que baixo o título Pasado, presente e futuro do teatro en Lugo reúne a destacados expertos como son Xoán Laxe de Nova Escena, Lola Fernández de Nostrum Cai, Paloma Lugilde de Palimoco, Carlos Coira, de Matapiollos, Mª José Fernández, pola Fegatea e coordinará a xornalista Lourdes Abuide.

O venres haberá a partires das 20.00 horas da tarde unha xornada de portas abertas aos grupos de teatro de Lugo para participar nun encontro informal e compartir experiencias, na propia sede de Achádego Teatro.

Os actos de celebración culminan o sábado 14 ás 20.00 no auditorio Gustavo Freire, coa representación da peza Achádego 25 anos despois, con entrada gratuíta, e no que, entre outras sorpresas, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, terá un papel dentro dunha obra no que farán un percorrido polas diferentes etapas da compañía.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova