Imprimir

APROBADO O ORZAMENTO PARA O ANO 2014 DA EMPRESA PÚBLICA DO SOLO EVISLUSA CUNHA PARTICIPACIÓN MUNICIPAL DE 254.477 EUROS


11/12/2013 Esta mañá tomou posesión a nova Vicesecretaria municipal que estará en comisión de servizo durante un ano prorrogable

A Xunta de Goberno Local aprobou o pésame oficial polo falecemento do Alcalde de Viveiro, Melchor Roel



O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou da celebración do Consello de Administración da empresa pública do solo, Evislusa, no que se aprobou o funcionamento deste empresa para o ano 2014 e que ten unha aportación municipal de 254.477 euros.

Dentro desa aportación municipal figuran labores como a realización do informe sobre o estado actual e labores mínimas de mantemento a realizar no Cuartel de San Fernando, xestión de tramitación de expedientes de rehabilitación  ou a xestión  e desenvolvemento do programa de subvencións ao aluguer social.

Luis Álvarez sinalou que “o Concello asumiu a responsabilidade de facer o informe no que se indique as obras e o mantemento mínimo que precise o Cuartel de San Fernando para que non sufra o contínuo abandono ata que a Xunta o adecúe como Museo da Romanización”.

Xunta de Goberno Local
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, tamén informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e dos que destacou o nomeamento para desempeñar en comisión de servizos o posto de Vicesecretaria. Así, nomeouse a María García Ferro, funcionaria de habilitación de carácter estatal, para desempeñar o posto de Vicesecretaria en comisión de servizo por un ano prorrogable e que desenvolverá funcións como órgano de apoio da Xunta de Goberno Local entre outras tarefas. 

Na Xunta de Goberno Local tamén se aproubou trasladar o sentimento de pésame ao Concello de Viveiro e á familia de Melchor Roel, tristemente finado no dia de onte.