Xa hai proposta de adxudicación no concurso da primeira fase das obras do edificio de novas tecnoloxías, que consiste na demolición dos edificios. Reuniuse hoxe a mesa de contratación e propuxo adxudicar o proxecto a unha empresa de Lugo que se chama Decoración y Construcción Luis Torres cun presuposto de 83.706 euros.