Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello estudará a creación en Lugo dun campo de disc-golf


# Venres, 13/12/2013
Esta modalidade deportiva que ten moitos seguidores nos países nórdicos pode convertirse nun foco de turismo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu esta tarde a representantes da Federación de Disc Golf de Noruega e do Club Disc Golf de Oviedo que lle explicaron os seus plans para tratar de implantar este deporte en países do sur de Europa como España.

Segundo explicou un dos participantes na reunión, Carlos Río, esta modalidade deportiva está moi extendida tanto nos Estados Unidos como nos países nórdicos, onde hai orredor de 700 campos de disc golf, e pode resultar interesente para promover o turismo a súa implantación en países cálidos dadeo que este deporte se practica ó aire libre e nos países do Norte de Europa, no que hai moita afición a él, non se pode xogar durante moitos meses debido ó mal tempo.

Logo da reunión, o Concelleiro de Deportes amosouse receptivo e anunciou que estudará a proposta para a creación en Lugo dunha instalación deportiva para a práctica deste deporte.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova