Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo recibirá este domingo a visita dunha delegación da cidade chinesa de Quinhuangdao


# Venres, 13/12/2013
Visitarán o Concello e terán unha xuntanza con asociacións culturais e deportivas da cidade, segundo anunciou o Alcalde

Lugo, que está irmandada con Quinhuangdao dende 2008, é a única cidade española que van visitar


O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe que este domingo visitará Lugo unha delegación da cidade chinesa de Quinhuangdao, que está irmandada coa nosa cidade dende 2008.

O Alcalde explicou que “como continuación da visita que no seu día se fixo a Quinhuangdao, unha cidade que ten 6 millóns de habitantes, o próximo domingo imos recibir esta delegación que non só visitará Lugo senón que tamén ten moito interese en coñecer o funcionamento do mundo da Cultura e o Deporte na nosa cidade”.

Lugo é a única cidade española que vai visitar a delegación chinesa que despois ten previsto viaxar a Suiza.

Con motivo desta visita, o Concello organizoulles un programa de actividades que inclúe unha xuntanza que presidirá o Alcalde e na que participarán os Concelleiros de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co Vicerreitor da Universidade, Pedro García Herradón, o Presidente a Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de Lugo, Cheché Real, e representantes do tecido cultural e deportivo da nosa cidade.

Posteriormente, a delegación chinesa será recibida oficialmente na Casa do Concello.

A delegación está formada por membros da administración de Qinhuangdao e, tamén, por representantes de asociacións deportivas. Así, está previsto que se desplacen a Lugo o Vicealcalde, o Delegado de Deportes, o Delegado da Oficina de Planificación e o Vicedirector da Oficina de Asuntos Extranxeiros, ademáis de representantes dúas asociacións deportivas.

Esta é a segunda ocasión na que visitan a nosa cidade responsables de Quinhuangdao dende que, en xuño de 2008, se produciu o acordo de irmandamento entre Lugo e esta cidade chinesa e da Murallas romana de Lugo e a Gran Muralla China.

En xaneiro de 2011 outra delegación chinesa, neste caso con responsabilidades en materia de saúde, comercio e economía, desplazouse a Lugo para coñecer e mantivo xuntanzas con empresarios da nosa cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova