Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha delegación de autoridades da cidade chinesa de Quinhuangdao visita hoxe Lugo


# Domingo, 15/12/2013
O Alcalde entregoulles folletos turísticos da cidade escritos en galego e chinés e anunciou que proporá á Corporación adicarlle unha rúa a esta cidade chinesa coa que está irmandada Lugo dende 2008

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco recibiu á delegación de Quinhuangdao no Concello e presidiu unha reunión con entidades deportivas e culturais que se celebrou no Círculo

Tamén tiveron ocasión de pasear pola Muralla e o Centro de Lugo


O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe á delegación de autoridades da cidade chinesa de Quinhuangdao, que realizan unha visita a Lugo, a única cidade española á que se desprazaron antes de viaxar a Suiza.

Con motivo desta visita, o Concello editou folletos turísticos da cidade en galego e chinés que lle foron entregados á delegación de Quinghuandao.

O Alcalde e os Concelleiros de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participaron nunha reunión coa delegación chinesa que tivo lugar no Círculo das Artes, na que tamén tomaron parte o Vicerreitor da Universidade, Pedro García Herradón, o Presidente a Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de Lugo, Cheché Real, e representantes do tecido cultural e deportivo da nosa cidade.  Polo sector do deporte asistiron á xuntanza directivos do C.D.Lugo, Emeve Voleivol, Portamiñá, Ensino, Azcar, Troula Badminton e a Federación Galega de Badminton. Do mundo da cultura participaron no encontro representantes das asociacións Achádego Teatro, Terra Cópra, Tebras Galaicas, Caetra, os Senadores e Thir na N´og.

A delegación de autoridades de Qinhuangdao está composta por o Vicealcalde, Feng Zhiyong; o Delegado de Deportes, Lyu Guoxin; o Delegado da Oficina de Planificación, Peng Yun  e o Vicedirector da Oficina de Asuntos Extranxeiros, Liu Wenge, ademáis de representantes dúas asociacións deportivas de Ski, Liu Jiange, e Badminton, Zang Honglei.

Logo desta xuntanza López Orozco e os Concelleiros de Cultura e Deportes acompañaron á delegación chinesa nunha visita á Muralla e a varias rúas do Casco histórico.

Deseguido desprazáronse á Casa do Concello onde o Vicealcalde de Quinghuandao asinou no Libro de Honra e, logo dun intercambio de obsequios, tivo lugar no Salón de Plenos unha recepción da Corporación municipal ás autoridades chinesas.

O Alcalde pronunciou un discurso no que agradeceu a visita e lembrou os lazos de irmandade que unen ás dúas cidades e ás súas Murallas dende 2008.

López Orozco salientou ademais que “con esta visita coñecémonos un pouco mellor e agardo que elo signifique un maior achegamento, encantaríanos que axude a que haxa intercambios de universitarios e tamén a que os nosos empresarios intercambien produtos”.

Tamén anunciou o Alcalde a súa intención de proporlle á Corporación municipal que darlle o nome de Quinghuandao a unha rúa de Lugo, igual que o teñen outras dúas cidades coas que está irmandada a nosa cidade, Dinan, en Francia, e Viana do Castelo, en Portugal.

Pola súa parte o Vicealcalde de Quinhuangdao, cidade de 3.600 anos de historia que ten 6 millóns de habitantes e está situada a 250 kilómetros de Pekín, asegurou que están encantados de vir a Lugo e asegurou que as dúas cidades teñen moito en común.

Tamén explicou que teñen en proxecto 15 polígonos industriais e dixo que dan moitas falicidades para instalar empresas e que estarían encantados de vender alí produtos de Lugo.

Esta é a segunda ocasión na que visitan a nosa cidade responsables de Quinhuangdao dende que, en xuño de 2008, se produciu o acordo de irmandamento entre Lugo e esta cidade chinesa e da Murallas romana de Lugo e a Gran Muralla China.

En xaneiro de 2011 outra delegación chinesa, neste caso con responsabilidades en materia de saúde, comercio e economía, desplazouse a Lugo para coñecer e mantivo xuntanzas con empresarios da nosa cidade.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova