Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A feira de artesanía solidaria Diversiarte estará instalada na parte de atrás do Concello os días 18, 19 e 20 de decembro


# Luns, 16/12/2013
O horario será ininterrumpido entre as 11.00 e as 20.30 horas e haberá 1 7 postos de venda de produtos elaborados polas asociacións

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañada pola Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, a representante da asociación ADACE Lugo, Vanesa Mariño, e de AFALU, Rosana Barreiro, presentaron unha nova edición da feira de artesanía Diversiarte 2013.

Así, os días 18, 19 e 20 de decembro, na carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez, todas aquelas persoas que precisen facer regalos solidarios poderán atopar diversos produtos elaborados polas asociacións e que ademais lles servirá de financiación e promoción.

Ana González Abelleira indicou que “estas actividades permiten unha maior visualización do traballo que realizan estas entidades e ademais permite que recauden fondos para seguir traballando nunha actividade que vale a pena como é loitar pola igualdade”. Ademais, o centro Europe Direct Lugo, dependente da Concelleria de Educación, Formación e Orientación Laboral, participa coa difusión do mercadiño para que os veciños e veciñas de Lugo se acheguen e facer as suas compras.

Nesta edición haberá 17 postos de venda, 2 stand informativos e un no que haberá unha exposición fotográfica realizada polas 22 asociacións que participan. Así, un ano máis, colaboran neste mercadiño solidario ONCE, Fademga, Alucem, Aspnais, Auxilia Lugo, San Vicente de Paul, Asociación de Diabeticos Lucenses, Cogami, Down, AGAL, Raiolas, Alufi, Anade, Alcer, Parkinson Lugo, Alume, Alusor, Adace Lugo, AFALU, AGAFI, Asorlu e Feafes e Capaces Lugo.

Ana González Abelleira destacou que dende o Concello manténse o compromiso de axudar as entidades sociais, e en materia de dependencia, e asegurou que se seguirá facendo o esforzo para mantelo e para lograr unha igualdade real das persoas con algunha discapacidade ademais de sensibilizar á poboación.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova