Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía inaugurou hoxe en Santiago unha Xornada sobre difusión do patrimonio a través dos contidos dixitais


# Martes, 17/12/2013
Sonia Méndez destaca o labor que vén desenvolvendo o Concello de Lugo na conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico

O Concello leva a cabo importantes iniciativas para a musealización e dixitalización do patrimonio de Lugo con fondos do Plan Urban e do Programa Muralla Dixital


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, inaugurou esta mañá, en Santiago de Compostela, a Xornada “Evolución e difusión do patrimonio a través dos contidos dixitais”, organizada polo INEO, a asociación de empresas de novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Sonia Méndez destacou a súa satisfacción por ter sido invitada a inaugurar a Xornada e salientou que elo “é a proba de que o Concello de Lugo é pioneiro na musealización e dixitalización do patrimonio arqueolóxico”.

Méndez salientou o labor que está a desenvolver o Concello de Lugo na posta en valor, restauración e musealización dos achádegos arqueolóxicos da cidade.

A Concelleira de Economía lembrou as seis ventás arqueolóxicas para musealizar in situ  distintos achádegos romanos, financiadas co Plan Urban, e, tamén, o uso das novas tecnoloxías para a divulgación do noso patrimonio cultural. “Mostra delo, é o programa Muralla Dixital, tamén financiado con fondos europeos, a través do cal estamos a facer recreacións virtuais en 3D de todas as pezas arqueolóxicas de valor do noso concello, que se poderán ver nos museos da cidade”, explicou Sonia Méndez.

O Concello de Lugo tamén participou nunha mesa redonda na que se presentaron experiencias sobre a evolución da difusión do patrimonio histórico e cultural das cidades a través dos contidos dixitais. Nela interviu o arqueólogo Rubén Álvarez, coordinador do proxecto europeo Muralla Dixital.

O Concello de Lugo lidera este programa europeo, no que tamén participan a Universidade de Santiago de Compostela, o INEO, as cámaras municipais das cidades portuguesas de Valença, Monçao e Melgaço, así como o Centro de Computaçao Gráfica.

A Xornada, que reuniu arqueólogos, historiadores, conservadores de museos e xestores de patrimonio entre outras especialidades,  completouse coa celebración de tres mesas redondas que trataron dos temas o I+D tecnolóxico do patrimonio: Patrimonio intelixente e innovación dixital, Visibilidade e difusión do patrimonio a través das TIC e Mecanismos de promoción do patrimonio dende as institucións.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova