Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde lembra que foi o PP quen aprobou o Plan Xeral que lle deu a máxima edificabilidade ó solar do Garañón e destaca que ese foi o motivo de que o PSOE votara en contra


# Martes, 17/12/2013
“O PP ten un problema, que os lucenses temos memoria”, dixo o Alcalde

Tamén censurou a “deriva do BNG” por defender os interses do promotor ó dar por feito que debe ser indemnizado


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, lembrou hoxe que foi o Partido Popular quen aprobou no ano 1990 un Plan Xeral de Ordenación Urbana que lle deu a máxima edificabilidade á finca do Garañón e recordou tamén que por ese motivo o PSOE non aprobou o plan urbanístico.

“O Partido Popular escóndese pero ten un problema, ten que saber que os lucenses temos memoria”, destacou o Alcalde.

López Orozco lembrou que “cando nós atopamos ese problema fixemos todo canto puidemos para rebaixar a edificabilidade desa finca, conseguímolo e iso está escrito no convenio, a edificabilidade rebaixouse a coste cero para o Concello”.

O Alcalde reiterou, ademais, a súa defensa da independencia dos tres Poderes do Estado e salientou “polo tanto, que o Poder Xudicial faga as investigacións que lle parezan oportunas, a mín paréceme moi ben, agora ben, como sempre defendín por mín e por outros, sexan do partido que sexan, a presunción de inocencia está consagrada no artigo 24 da Constitución e nin a prensa, nin os partidos políticos, nin as plataformas cidadáns ditan sentenzas”.

O Alcalde tamén censurou o interese que demostran o BNG e o Partido Popular en que o promotor do Garañón cobre indemnizacións do Concello. “Quén ditou iso? Hai algunha sentenza ou están indicando a rota que se debe seguir? Por qué teñen tanto interese en defender os intereses do promotor?”, preguntouse o Rexedor municipal. López Orozco remarcou que “non me sorpende que o faga o Partido Popular pero resulta sorprendente a deriva que está a seguir o BNG”.

A preguntas dos xornalistas en relación cunha suposta investigación ó Presidente da Deputación e exConcelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde recalcou a súa plena confianza nel. “Se eu non tivera confianza nos meus colaboradores non o serían e, ademais, se non tivera confianza nel non o tería apoiado como fixen para liderar o meu partido”, destacou López Orozco..


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova