Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo implanta un novo servizo de consultas medioambientais e comunicación de incidencias no equipamento urban


# Martes, 17/12/2013
O Concello de Lugo é o primeiro en Galicia de contar con este sistema de aviso e para solventar dúbidas aos cidadán

Imaxe Asociada
Linea Verde consta dunha web e dunha aplicación para teléfonos móbiles gratuita coa que se pretende unha maior participación cidadá na vida da cidade


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a responsable do programa Linea Verde, Esther Fidalgo, presentaron un novo servizo medioambiental do que dispón o Concello de Lugo, coa que se fomenta o uso das novas tecnoloxías ao servizo das cidadáns e que se encadra na dinámica de smart city.

Trátase dun canal de comunicación directo en temas medioambientais cos veciños e veciñas e empresas do Concello, ao que se poderá acceder dende a web municipal ou dende www.lineaverdelugo.com e consultar toda a información local sobre medio ambiente. Para poder acceder aos datos da web todos os usuarios deberán estar rexistrados e nese momento poderán plantexar calquera dúbida ou consulta medioambiental. Desta maneira, un equipo de expertos na materia, dará resposta nun prazo de 24 horas e esas peticións e manterá informado ao usuario da tramitación do mesmo.

O Alcalde de Lugo sinalou que dende o Concello se intenta “dar pasos para facilitar o coñecemento e involucrar aos veciños e veciñas para que tomen conciencia da importancia do emprego das novas tecnoloxías para o coñecemento sobre o medio ambiente”.

Pola súa parte, o Concellleiro de Urbanismo e Medio Ambiente explicou que “a idea deste proxecto é crear cidades intelixentes e pensadas para dar unha resposta máis eficaz “ e destacou que “Lugo é a primeira cidade en Galicia en contar con este novedoso sistema de aviso”. A posta en marcha deste proxecto tamén mostra a implicación que ten o Concello de Lugo coa aplicación e creación das smart city e a aplicación das novas tecnoloxías no relativo ao medio ambiente.

A representante de Linea Verde, Esther Fidalgo, deu a coñecer esta nova web na que ademais de consultas e incidencias tamén se ofrece unha ampla información sobre lexislación medioambiental, sistemas de xestións, residuos, reciclaxe entre outros de maneira completamente gratuíta. Tamén conten abundante información sobre trámites administrativos, axudas e subvencións.

Aplicación Móbil
Para facilitar aínda máis a comunicación, o programa Linea Verde, tamén está dispoñible para os dispositivos móbiles, dende onde se deberán descargar a aplicación de forma gratuíta que permite plantexar consultas e comunicar incidencias de maneira rápida e sinxela.

No caso de que o cidadán queira comunicar unha incidencia deberá seleccionar unha categoría e por xeolocalización a propia aplicación se encarga de detectar as coordenadas exactas do problema. Ademais tamén se lle pode engadir unha foto adxunta da incidencia que chegará aos responsables municipais que porán en marcha os trámites necesarios para dar solución a dita incidencia. No momento que esté resolto o cidadán recibirá unha notificación no seu teléfono.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova