Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 29 de decembro realizarase unha visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura a varias parroquias lucenses


# Mércores, 18/12/2013
Esta nova actividade consistirá nunha andaina dende a parroquia lucense de Prógalo ata a de San Pedro de Mera

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nunha nova visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta actividade terá lugar o domingo 29 de decembro e consistirá nunha andaina dende a parroquia lucense de Prógalo ata a de San Pedro de Mera.

O percorrido que realizarán os participantes comezará no castro de Prógalo, pasando pola parroquia de Bacurín, onde poderán contemplar unha das xoias do románico do rural lucense, como é a igrexa de San Miguel de Bacurín. A andaina continuará polo Camiño Primitivo ata San Pedro de Mera, para posteriormente xantar no Mesón Crecente. Despois de xantar finalizarase realizando un paseo pola aldea de Crecente.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e a volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros, polo que está recomendado para todos os públicos.

O xantar terá lugar no Mesón de Crecente, que ofrecerá aos participantes varios menús de 10 e 15 euros. Os que o desexen tamén poden levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e as persoas interesadas poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 28 de decembro a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova