Imprimir

MAÑÁ REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS AULAS ABERTAS QUE SE OFRECEN DURANTE O NADAL PARA NENOS E NENAS DE ENTRE 4 E 12 ANOS


18/12/2013 Con estas actividades durante o Nadal o Concello de Lugo pretende mellorar a conciliación da vida familiar e laboral

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que mañá xoves 20 remata o prazo para inscribirse nas Aulas Abertas que están dentro da programación de actividades socioculturais para o Nadal e que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral nesta época de vacacións para os máis pequenos da casa.

Os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poden solicitar unha das 20 prazas que se ofrecen en cada un dos centros de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Milagrosa e Uxío Novoneyra para participar nas Aulas Abertas que terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro en horario de 09:30 horas a 13.30 horas. O prezo será de 1 euro o día, e a inscrición poderá facerse ata mañá nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.