Imprimir

ESTA MAÑÁ INAUGUROUSE O MERCADIÑO SOLIDARIO DIVERSIARTE 2013 QUE ESTARÁ ABERTO ATA O VENRES 20


18/12/2013  

A  Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte 2013 que cambia de espazo e que estará situado na Praza de Anxo Fernández López, na traseira do Concello.

No acto de inauguración, a Concelleira de Benestar, animou a todos os lucenses a realizar as compras do Nadal neste mercadiño xa que pódese atopar todo tipo de agasallos e productos realizados por membros das diferentes asociacións.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas 21 asociacións que participan, permanecerá aberta dende hoxe, mércores 18 de decembro, ata o venres 20 de decembro, en horario ininterrumpido de 11.30 a 20.30 horas.