Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e Cruz Vermella asinan un convenio para lles permitirá renovar a flota de ambulancias medicalizadas


# Mércores, 18/12/2013
O Concelleiro de Servizos Xerais salientou que “grazas a esta colaboración a entidade social vai poder levar a cabo un mellor servizo”

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Manuel Núñez, e o Presidente Cruz Vermella, Luis Abelleira, asinaron esta mañá un convenio de colaboración grazas ao cal a entidade social poderá renovar unha das ambulancias medicalizadas coas que acuden aos diversos actos que cubren.

Desta maneira, o Concello comprométese a achegar a cantidade de 22.000 euros para levar a cabo actividades de prestación de primeiros auxilios e transporte sanitario en actuacións de carácter preventivo con motivo de celebración de actos culturais, deportivos ou festivos.

Manuel Núñez tamén anunción a intención do Concello de Lugo para prorrogar no tempo e ampliar esa colaboración entre ambas entidades xa que “a Cruz Vermella leva a cabo unha labor social importantísima non só cubrindo actos senón apoiando aos que máis o precisan”. Ademais lembrou que na edición anterior a axuda concedida fora de 7.000 euros pero “este ano ante a solicitude e a necesidade do vehículo ampliouse a subvención”.

Pola súa parte, Luis Abelleira, destacou a importancia da colaboración co Concello xa que a normativa impide ter vehículos sanitarios de máis de sete anos e “sen esta axuda non poderíamos cambiar un deles que xa ten máis dos anos requeridos co cal non poderiamos acudir a cubrir actos nos que se precisase unha ambulancia medicalizada”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova