Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá remata o prazo para pagar o Imposto sobre Actividades Económicas


# Xoves, 19/12/2013
O Concello prevé unha recadación de 1,7 millóns de euros

 Este venres, día 20 de decembro, remata o prazo para o pagamento voluntario do Imposto sobre Actividades Económicas, segundo comunica a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos.

O número de recibos suxeitos a tributación é de 1.428, un 3,45% menos que o ano pasado cando foron 1.479 á cifra actual. Por este motivo, o importe total da recadación prevista experimenta un descenso. Será de 1.720.024,88 euros, 58.521,02 euros menos que no pasado ano. 

A Concellería de Economía lembra que as empresas asentadas no Concello de Lugo e que creen postos de traballo beneficianse dunha bonificación do 25% no pago deste imposto.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova